Río sen ponte

15,38 

Información adicional

Peso 0,3 kg
Dimensiones 140 × 210 cm
Autor

Losa, Ilse

Editorial

Hercules

Idioma

Gallego

Colección

Sin Fronteras

Encuadernación

Bolsillo

SKU: G910250005 Categoría: Product ID: 397231

Descripción

Tras a publicación en 2019 de O mundo en que vivín, aparece agora por primeira vez en galego Río sen ponte, a segunda novela escrita por Ilse Losa, en 1952.A acción desenvólvese en Alemaña en 1933 ao redor dos personaxes alemáns non-xudeus Johann Schuster e Jutta Berner. Jutta vese obrigada a abandonar a súa terra natal por motivos económicos e reinstálase cos seus pais na cidade onde vive Johann co seu pai, Bernhard Schuster, propietario dunha tenda de teas e de roupa. A nai de Johann morrera ao parir o seu fillo. Jutta, pola súa parte, é filla dun home que loitou nas trincheiras durante a Primeira Guerra Mundial e que, desde que volveu á casa, non consegue un traballo estable. A súa nai, Eva Berner, ten dous traballospara afrontar as moitas necesidades da familia. Jutta e Johann coñécense nunha Asociación da Mocidade, e Jutta sente que nel atopa unha confianza e un benestar que non experimentara ata ese momento. Con todo, a súa relación verase interrompida polas circunstancias políticas e económicas que os rodean.Do mesmo xeito que en O mundo en que vivín, tamén aquí nos atopamos cunha protagonista que, por mor da crise que atravesaba Alemaña, se ve obrigada a deixar o seu país. Neste caso, o destino é Londres, onde se dedicará a coidar os nenos dunha familia de ascendencia xudía, nun escenario de persecución dos xudeus e de todos aqueles que non compartían a ideoloxía do III Reich.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Río sen ponte”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *