O poder que camiña nas tebras

23,99 

Información adicional

Peso 0,354 kg
Dimensiones 140 × 210 cm
Autor

Hamilton, Lillias

Editorial

Edicions laiovento, s.l.

Idioma

Gallego

Colección

Poesía

Encuadernación

Bolsillo

SKU: X230120004 Categoría: Product ID: 113961

Descripción

Na súa obra A filla do visir, Lillias Hamilton aborda temas que poucos se atreveron a tocar, o xenocidio do pobo hazara baixo o réxime afgán. Con todo, é en O poder que camiña nas tebras onde ofrece unha mirada penetrante e valente, narrando os horrores que sufriu o pobo afgán e que ela mesma presenciou grazas ao seu acceso insólito á corte do emir en Cabul, onde exerceu como médica.A súa fluidez co persa abríronlle as portas a unha comprensión dos sufrimentos do pobo afgá, a quen atendía no seu hospital. Aínda que era médica e non historiadora ou administradora colonial, Lillias sentía a responsabilidade de describir o que percibía cos seus propios ollos, o que os gregos chamaban ?autopsia?. A súa condición de muller e profesional sanitaria complicaba aínda máis o seu intento de narrar fielmente a represión e as intrigas palacianas que observaba, especialmente baixo a sombra da censura e a dificultade de publicar O poder que camiña nas tebras sen entrar en conflito con figuras de poder, que non puido ver editada en vida e que agora publícase por primeira vez galegoMáis aló do seu labor literario, Lillias Hamilton foi tamén unha activista social e feminista comprometida coa loita polos dereitos das mulleres. Fundou un albergue para mulleres maiores e a súa vida estendeuse por distintos puntos do globo, desde Afganistán ata o Transvaal e, finalmente, Niza, onde faleceu en 1925. Alí, baixo o sol da Provença, repousa a figura dunha muller que tentou contar o que outros preferiron ocultar.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “O poder que camiña nas tebras”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *