O Don Hamlet de Cunqueiro

13,41 

Información adicional

Peso 0,206 kg
Dimensiones 170 × 210 cm
Autor

Villalta, Luísa

Editorial

Edicions laiovento, s.l.

Idioma

Gallego

Colección

Ensaio

Encuadernación

Bolsillo

SKU: X230060247 Categoría: Product ID: 252126

Descripción

Este libro foi publicado por Luísa Villata en 1992 en Edicións Laiovento, unha editora que daquela tiña pouco mais dun ano de existencia. De feito, o volume que agora reeditamos foi o número 9 da súa colección xeral.A peza O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca, a pesar da sua transcendencia tanto social como literaria, foi pouco ou case nada estudada até o momento en que Luísa Villalta abordou a sua análise, unha peza esquecida nos sotos do inmenso edificio que é a obra de Álvaro Cunqueiro.Nacida baixo o signo da polémica, o autor confesa-nos en diversos lugares que esta obra é produto dos moitos anos que pasou a matinar na traxedia de Shakespeare intentando explicar-se a si mesmo a cuestión: quen é Hamlet? Eis a incógnita dunha ecuación que se formula única e exclusivamente en termos teatrais e cuxas raíces se perden nas mais remotas tradicións nórdicas.Con este estudo, Luísa Villata procedeu a despexar brillantemente esa incógnita e moitas outras que envolven tan suxestivo tema co único propósito de explicar a xénese e elaboración da marabillosa solución que Cunqueiro soubo dar a esa pregunta.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “O Don Hamlet de Cunqueiro”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *