O castelán de coucy e a dama de fayel

15,38 

Información adicional

Peso 0,352 kg
Dimensiones 145 × 220 cm
Autor

Jakemés

Editorial

Rinoceronte editora

Idioma

Gallego

Colección

Vetera

Encuadernación

Bolsillo

SKU: LEH0100004 Categoría: Product ID: 117587

Descripción

O castelán de Coucy e a dama de Fayel é unha novela medieval francesa, escrita en picardo, unha das linguas pertencentes ao grupo de linguas d?oïl, ao finalizar o século XIII ou a comezos do XIV por un poeta que escondeu o seu nome nuns versos acrósticos ao final do poema (Jakemés).Trátase dun texto narrativo que tivo un enorme prestixio na literatura medieval posterior, posto que recolle e amplifica unha das lendas que máis éxito tiveron na Idade Media, cun tráxico final, na que a dama come o corazón do seu amante, o que converte a esta parella na máis turbadora e infortunada da literatura europea. Este motivo aparece recollido nunha serie de autores ao longo de toda a tradición europea, como Dante, Boccaccio, Sade, Walter Scott ou mesmo Stendhal.O seu autor fai do amor o obxecto central da composición e o principio estético da súa obra, dentro dun estilo sobrio e fluído, claro e harmonioso. Esta harmonía entre poesía e vida permite que a súa obra sexa recollida no ámbito da lenda e colocada, xa no século XIII, xunto as obras máis coñecidas da literatura provenzal.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “O castelán de coucy e a dama de fayel”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *