Mala feminista

18,75 

Información adicional

Peso 0,3 kg
Dimensiones 140 × 210 cm
Autor

Gay, Roxane

Editorial

Hercules de ediciones

Idioma

Gallego

Colección

Purpura

Encuadernación

Bolsillo

SKU: G910390004 Categoría: Product ID: 397129

Descripción

Cando a escritora Roxane Gay se autodenominou ?ironicamente? «mala feminista», recoñecía que non podía cumprir cos requisitos de perfección do movemento feminista. Mala feminista é un conxunto de ensaios acedos sobre este movemento na cultura moderna e unha aguda e divertida reflexión sobre como a forma en que consumimos a cultura nos converte no que somos, sempre con ton autocrítico econsciente do papel da muller ?así como da súa relación cos homes ecoas demais mulleres? nos nosos días, a través da súa propia experiencia e das dinámicas políticas e culturais recentes.Para ela vivimos nun mundo apaixonante, cheo de distraccións que nos gustan e que nos obsesionan, mesmo se van en contra dos nosos principios. Gústalle a música rap, aínda que é consciente dos clixés sexistas de moitos dos seus autores. Tamén lle gusta o cinema absurdo, a cor rosa, engancharse a series como Girls e ler a revistaVogue. Mediante exemplos da cultura pop e da súa propia vida, Gay fálanos do aborto, da maternidade, do acoso sexual, da igualdade de salarios, dos mitos sobre a amizade entre mulleres, da recente literatura escrita por elas, da misoxinia no mundo do espectáculo etc. O feminismo, como a humanidade e a vida, é imperfecto e a autora propón que aceptemos todos os seus matices.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Mala feminista”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *