Corredores de sombra

13,41 

Información adicional

Peso 0,262 kg
Dimensiones 130 × 210 cm
Autor

Fernandez Paz, Agustin

Editorial

Edicións xerais

Idioma

Gallego

Colección

Infantil e xuvenil – fora de xogo

Encuadernación

Bolsillo

SKU: G873890034 Categoría: Product ID: 121982

Descripción

Verán de 1995. No pazo dos Soutelo, ao facer unhas obras de restauración, descóbrese un esqueleto dentro dunha alfombra enrolada, oculto entre dous tabiques. Un cadáver emparedado hai máis de cincuenta anos, cun furado de bala na cabeza. Quen é o morto? Que man empuñou a pistola que o asasinou? Clara Soutelo, testemuña involuntaria da descuberta, asume o reto de desvelar o misterio que se agocha tras as dúas preguntas. Unha investigación complexa, que a levará a indagar no pasado da súa familia. Moito tempo despois, cando xa é maior, decídese a contar os sucesos daquel verán dos seus dezaseis anos, cando descubriu a plenitude do primeiro amor e mudou para sempre a súa forma de entender a vida. ' ' Corredores de sombra ' ' de Agustín Fernández Paz é un thriller moral onde se pretende desvelar un dobre misterio (quen é o morto, quen o asasinou?) que nos leva a unha investigación, con momentos de grande tensión, e unha resolución na liña das mellores novelas negras. Mais tamén é unha novela sobre a progresiva toma de conciencia da protagonista obrigada a elixir o camiño polo que quere facer a súa vida, mesmo se iso implica opoñerse a súa familia e todo o que significa. Unha novela memorable que confirma a Agustín Fernández Paz como un dos narradores primeiros da literatura galega.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Corredores de sombra”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *