Charlie e o grande ascensor de cristal

14,90 

Información adicional

Peso 0,349 kg
Dimensiones 140 × 190 cm
Autor

Dahl, Roald

Editorial

Edicións xerais

Idioma

Gallego

Colección

Infantil e xuvenil – merlin – de 11 anos

Encuadernación

Bolsillo

SKU: G873950016 Categoría: Product ID: 397954

Descripción

Nesta continuación de «Charlie e a fábrica de chocolate», Charlie, o noso heroe, a súa familia toda e o señor Wonka utilizan un novidoso medio de transporte -un grande ascensor de cristal dotado dos medios técnicos máis avanzados- para chegar ata a fábrica das marabillosas lambetadas e facerse cargo da súa dirección. De repente, por mor dun fallo técnico, as cousas comezan a ir mal: o aparello elévase máis e máis ata entrar na órbita terrestre. Charlie e os seus acompañantes enfrontaranse a múltiples perigos e aventuras divertidísimas, mesmo chegando a ter que defenderse de viciosos monstros do espazo. «Charlie e o grande ascensor de cristal» é a segunda entrega da serie protagonizada por Charlie e o señor Willy Wonka, personaxes creados por Roald Dahl, un dos xenios da literatura infantil do século XX. O humor, unha narración tan eficaz como económica, e a tenrura para caracterizar unha grande tipoloxía de personaxes adultos e infantís singularizan esta serie considerada como unha das xoias da historia da literatura infantil de todos os tempos. Traducida a múltiples linguas, a presente edición está ilustrada por Quentin Blake, o artista que colaborou con maior frecuencia con Dahl.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Charlie e o grande ascensor de cristal”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *