Descripción
En Lunaria, humanos e teriántropos conviven baixo unha suposta paz. Cada dezasete anos, cando as carricantas agroman da terra, celébrase o Sorteo dos Primoxénitos, o que significa que comeza a cacería.Kiran Lobo, fillo dun humano e dunha lince boreal, foi adestrado para sobrevivir ao Rito dos Condenados: cinco días no bosque fuxindo de cinco bestas. Mais Kiran leva dous anos soñando con ese momento. Por iso sabe que algo está a piques de cambiar.Mentres o frío da Fabricante de Invernos avanza en silencio e os corazóns se conxelan, Kiran terá que decidir quen é realmente.Porque en Lunaria amar pode ser máis perigoso que matar.


Valoraciones
No hay valoraciones aún.