As cousas claras

14,33 

Información adicional

Peso 0,204 kg
Dimensiones 130 × 210 cm
Autor

Neira Cruz, Xosé A.

Editorial

Edicións xerais

Idioma

Gallego

Colección

Infantil e xuvenil – fora de xogo

Encuadernación

Bolsillo

SKU: G873890006 Categoría: Product ID: 121992

Descripción

En vintecatro horas, a vida pode cambiar de rostro sen previo aviso. Pode pasar de parecer un lugar no que dá gusto estar, a converterse nunha paisaxe entoldada de ameazas e preocupacións. ¿Por qué Mon, o profesor máis popular do instituto, aparece inconsciente case morto, dun día para outro? Ninguén o pode explicar, e ninguén acredita na hipótese dun intento de suicidio. Coa axuda de Afonso, Marga será a encargada de empezar a tirar polo fío dunha historia na que a morte, a violencia, a falta de comunicación, a crueldade e a hipocresía só poden ser superadas con amor. ' ' As cousas claras ' ' de Xosé A. Neira Cruz mereceu o Premio Merlín de Literatura Infantil, fallado o pasado 24 de xuño de 2000 en Santiago de Compostela. O xurado de lectores apreciou nesta novela, de fasquía claramente xuvenil, unha grande axilidade no tratamento dun tema de actualidade, tanto no que atinxe á voz da narradora, en primeira persoa, como á construción duns diálogos cheos de frescura e orixinalidade. ' ' As cousas claras ' ' , ambientada nun instituto de ensino secundario, reconstrúe a indagación que fan un mozo e unha moza sobre o conflito no que se ve inmerso o seu profesor de literatura, sometido a unha inxusta campaña na súa contra polo tratamento que realiza da educación afectiva e sexual cos seus alumnos.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “As cousas claras”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *